Vista de A Coruña.

Na clase de   seguimos aprendendo cousas sobre Urbano Lugrís e a súa obra, xa que non só foi pintor, senon que tamén foi poeta, ilustrador e escritor.


Unha das últimas obras que traballamos , foi " Vista de A Coruña".

Fonte: Museo de Belas Artes da Coruña.


‘Vista da Coruña 1830’

A obra, cunhas dimensións de cento vinte e un por douscentos vinte centímetros e realizada en temple sobre xeso, representa unha vista fabulada e en formato panorámico da cidade da Coruña, co aspecto que esta idealmente tería no ano 1830. A perspectiva urbana que se nos presenta corresponde á fachada portuaria, resaltando de forma onírica os elementos máis representativos: a Torre de Hércules ao fondo de cor rosa, a cidade vella con casas xeométricas de distintas cores, e a baía co Castelo de Santo Antón e, na súa contorna, distintas embarcacións.


                       Como xa vos contamos anteriormente, dende o Museo de Belas Artes da Coruña, foron tan amables de enviarnos un exemplar do libro Mariña Surrealista que escribiu Yolanda Castaño e ademais unha maletiña para cada un de nós no que había material didáctico e informativo, e tamén un Puzle tamaño folio deste mesmo cadro . 
 Agora cada un de nós ten unha pequena copia deste cadro na súa casa, en formato puzle!!!!.  

Comentarios

  1. 0 pintor do mar, a semana pasada por casualidade pasamos en Vigo por unha rúa que levaba o seu nome.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

"A AUGA É VIDA. COIDÉMOLA!"

DIVERTILECTURA