Publicacións

Vista de A Coruña.

Imaxe
Na clase de   seguimos aprendendo cousas sobre Urbano Lugrís e a súa obra, xa que non só foi pintor, senon que tamén foi poeta, ilustrador e escritor.


Unha das últimas obras que traballamos , foi " Vista de A Coruña".


‘Vista da Coruña 1830’

A obra, cunhas dimensións de cento vinte e un por douscentos vinte centímetros e realizada en temple sobre xeso, representa unha vista fabulada e en formato panorámico da cidade da Coruña, co aspecto que esta idealmente tería no ano 1830. A perspectiva urbana que se nos presenta corresponde á fachada portuaria, resaltando de forma onírica os elementos máis representativos: a Torre de Hércules ao fondo de cor rosa, a cidade vella con casas xeométricas de distintas cores, e a baía co Castelo de Santo Antón e, na súa contorna, distintas embarcacións. ( fonte: http://museos.xunta.gal/gl)

                       Como xa vos contamos anteriormente, dende o Museo de Belas Artes da Coruña, foron tan amables de enviarnos un exemplar do libro Mariña Su…

cartel picasso

Imaxe
Os alumnos de quinto estivemos traballando o anuncio na área de lingua e aproveitamos para facer uns carteis-anuncio sobre o autor que traballamos no proxecto de centro, xurdiron gran variedade de ideas, dende anuncios de exposicións, ata venta de cadros.

DIVERTILECTURA

Imaxe
Os nen@s e a mestra da aula de 5 anos recomendamos a lectura deste mes de abril do libro " O MONSTRO DE CORES" de Anna LLenas da editorial FLAMBOYANT ,no que ides coñecer un monstro que ás veces está un pouco liado coas súas emocións,e  que cambia de cor según o sentimento que o invade.
Acompañádenos nesta aventura e a poñerlle cores ós vosos sentimentos tamén!!!!


Onte,montamos un pequeno recanto dos sentimentos na nosa aula ,mirade que colorido nos quedou!!!




Onte martes 17 de abril de  2018 ,como fixo bo tempo os nen@s e a mestra da aula de 5 anos, aproveitamos para   facer a hora de ler no patio.Así que; levamos todo o necesario:o noso conto,folios de cor verde e os nosos pompeiros para facer a nosa versión do monstro verde  da calma.Por certo,gracias a todas as familias que nos mandaron todo ese feixe de pompeiros!!!!
Mirade que ben o pasamos e de paso escoitade a nosa canción do MONSTRO DE CORES que ten moito ritmo.Esperamos que vos guste e nos deixedes os vosos comentar…

CADRO DO MES: A HABITACIÓN DE ARLÉS

Imaxe
O mes de marzo na clase de 1º estivemos traballando o cadro A habitación de Arlés (Van Gogh). Aproveitamos para traballar as cores frías e as cores cálidas e transformar a habitación de Van Gogh noutra completamente distinta.

Tamén fixemos cada un/unha a súa propia reprodución do cadro e outro a tamaño máis grande no que usamos témperas.

Para rematar e coincidindo co Día da Poesía (21 de marzo) creamos o noso propio poema partindo deste cadro.

Acó vos deixamos un pequeno vídeo resumo de todo este traballo.





21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA.

Con motivo do Día da Poesía, cada unha das aulas de primaria inventou colectivamente, un poema inspirándose nun dos cadros do autor/a que estamos a traballar en cada aula.

Así combinamos a poesía e o "Mundo de Cores" no que estamos inmersos este curso.
Acó vos quedan os nosos poemas.

AS PORTAS DA ARTE.

Cando chegamos a un museo o primeiro que observamos é o edificio, e o lugar polo que temos que pasar para adentrarnos é a súa porta...
Acó vos quedan as  nosas portas á arte, o primeiro paso no noso museo!!!!!.


Que é un museo?

Imaxe
Os alumn@s de quinto andivemos a investigar que é un museo, fixemos un pequeno mural cunha pequena escolma dos museos españois e europeos máis destacados.

YAYOI KUSAMA

Imaxe
Os neno@s e a mestra da aula de 5 anos, o xoves 22 de marzo celebramos o 89  cumpleanos da nosa pintora YAYOI KUSAMA  cunha festa moi divertida ,na que cantamos,comemos e bailamos  moito.
Aquí vos deixamos un video coas mellores imaxes da festaza!!!.Esperamos que vos guste e nos deixedes os vosos comentarios.